Non é dos fotógrafos que levan a cámara ó lombo. Aínda que ás veces, fai excepcións, por exemplo, no traballo “Minorca, caderno de viaxe”. “Normalmente teño a foto na cabeza, incluso fago bocetos e despois creo ese ambiente, ese escenario e logo fago a foto”. Vítor Nieves concibe a fotografía como un xeito de reintepretar as lembranzas “sexan da infancia ou de hai pouco” a través da imaxe.
A primeira vez que colleu unha cámara nas mans tiña sete anos “e na miña primeira foto corteille as cabezas a todos” recorda sorrindo. A partires de aí, foi xestándose o seu interese por mellorar e mesmo formarse de xeito autodidacta no mundo da imaxe, para despois plantexarse isto “como un medio de vida” e entrar na Escola Superior de Arte e Deseño Antonio Faílde de Ourense na modalidade de fotografía artística no ano 2000.
Texto e foto: Ángeles Rodríguez
(A información íntegra pode verse na edición en papel do periódico O Sil).