Entre o 18 de xaneiro e o 1 de febreiro desenvolveuse o cese analóxico e a implantación da TDT nas denominadas áreas técnicas de Ourense-Leste, Santiago, Meda e Ares. Un proceso que, no caso da provincia de Ourense, se desenvolveu con “menos incidencias das esperadas”, segundo explica o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro Durán, para quen a implatación da TDT suporá un “cambio histórico e unha revolución técnolóxica”. O apagado analóxico rematará definitivamente en Galicia o 3 de abril.
¿Como valora o proceso de implantación da TDT na provincia de Ourense? ¿Téñense detectado máis incidencias das esperadas, máis ou menos que noutras provincias?
O apagado analóxico na provincia de Ourense estase a desenvolver con menos incidencias das esperadas, xa que a cobertura é mellor da prevista. Ademais, nas zonas con problemas de cobertura, especialmente nas localidades pequenas, estase a coordinar o traballo entre a Xunta e os concellos para canalizar as peticións das instalacións a través dos alcaldes para que así os veciños poidan acceder conxuntamente ao sinal dixital dun xeito máis rápido.
¿Como se está a proceder á delimitación das zonas de sombra? ¿Cales son as que teñen detectadas polo de agora? ¿Qué previsións de zonas de sombra teñen para o resto de concellos ourensás cuxos ceses analóxicos están programados para esta semana?
Antes do comezo da implantación da TDT fíxose un estudo das probables zonas que poderían quedar sen cobertura en cada área técnica, dando conta aos propios concellos, pero é preciso que se produza o apagado analóxico de feito para coñecer con exactitude cáles son esas zonas sen cobertura. A partir de aí e, grazas á colaboración dos propios veciños e responsables municipais, que nos trasladan as incidencias ocorridas, se delimitan debidamente os lugares sen cobertura e os enxeñeiros se trasladan á zona para decidir cal é a mellor solución en cada caso. Neste sentido, gustaríame destacar o comportamento da poboación galega que se está a adaptar a este cambio histórico dun xeito exemplar.
Texto: A.R.
(A entrevista íntegra pode lerse na edición en papel do periódico O Sil).