» 09/09/2010 Portada Subscríbete Contacta con nós ¿Quén somos? Galería de pósters  

mes anterior Setembro 2010 seguinte mes

 EDITORIAL
 OPINION
 EN PORTADA
 CONCELLOS
 ENTREVISTAS
 ESPECIAIS
 BICS
 PIZARRA
 POLITICA
 VITICULTURA
 ECONOMIA
 DEPORTES
 SANIDADE
 ARTISTAS
 CULTURA
 RUTAS
 CASTROS
 CASTELOS
 FORO S.XXI
 MONOGRAFICOS
 O SIL NO MUNDO
 MUNICIPAIS 2007
 OSIL EN PEKIN
 EN CLAVE INFORMATICA
 O RIO QUE NOS UNE


Visitar Blog






Inicio » POLITICA » ‘Quero revitalizar o PP de Ourense’
  
Reportaxe
» Varios podiums na sexta edición
O C.C. Maceda celebra a Festa do Mini BTT
‘Quero revitalizar o PP de Ourense’
 Engadido: 04/02/10      



Manuel Baltar dirixirá o partido na provincia de Ourense os próximos catro anos

Unha ampla maioría decidíu o pasado día 30 que Manuel Baltar sexa o presidente do Partido Popular de Ourense os vindeiros catro anos. Toma este cargo “con ganas” porque, asegura “chegou a hora de Ourense”, e faino cunha executiva ampla, coa maioría dos concellos representados pero sen integrar ao seu oponente nestas eleccións previas “porque vou ser coherente co que dixen dende o principio”.

 

Por diante queda agora traballo e o primeiro reto do seu mandato: as eleccións municipais que se celebrarán o vindeiro ano. Baltar Blanco é optimista e manifesta que “como sempre foi no Partido Popular” o obxectivo é acadar “as 92 alcaldías”. Recoñece que é unha tarefa difícil pero di “estamos en 62 e eu penso que podemos chegar, co apoio do Goberno autonómico e con esta nova forza que vamos a aportar ao partido, a superar en dez o número de alcaldías que temos neste momento”. Polo pronto, xa reuníu ao Comité de Dirección do partido. Fíxoo no Barco, como prometera hai uns meses, o día 1 de febreiro. Con el dá inicio unha nova andadura no Partido Popular de Ourense.

 

¿Que valoración fai sobre o apoio marioritario recibido pola súa candidatura?

A valoración non pode ser máis ca positiva. Sería sempre positiva aínda que o apoio fóra o 50,08%. Ter a maioría absoluta para gobernar supón que a maioría do partido che di queremos que sexas ti o que lidere o partido no futuro. Entón, amplamente satisfeito, cun sentido da responsabilidade enorme. Agradecido ao traballo de todos os colaboradores que estiveron crendo nesta idea dende o principio, que saben que é unha idea honesta, que é unha idea leal, unha idea de servizo a Ourense e sobre todo unha mensaxe de atracción aos novos afiliados que virán sumarse a este gran proxecto colectivo que é o partido dos ourensáns.

 

Xa adiantou as bases do seu programa pero ¿en que se vai empezar a traballar a partir de agora?

O 1 de febreiro celebramos no Barco, en Valdeorras, o Comité de Dirección, é a primeira xuntanza do Comité de Dirección do partido, cumprindo un dos compromisos do noso programa. Todas as semanas faremos efectivo algún tipo de actuación que materialice ese desexo porque se revitalice o novo Partido Popular de Ourense. Con total tranquilidade, cunha forza tremenda vista a ilusión, a xenerosidade, a lealtade que amosan os membros do comité executivo do partido e ábrese una porta ao futuro de par en par no que temos que despregar un protagonismo absolutamente incontestable.

 

Texto: PGL/Ourense    Foto: Carlos G. Hervella

(A entrevista íntegra pode lerse na edición en papel do periódico O Sil).





AVISO LEGAL SOBRE O ACCESO Á PÁXINA WEB www.osil.info


Visitas Online: 7

Visitas hoxe: 8, de un total de: 1355482 visitantes, dende 2002-11-01

Engade un enlace na túa páxina


     

 

Actualizado a:
08 Setembro 2010
  

 

 ¿Cre que se deberían potenciar as comarcas como modelo de organización territorial? 

Si. 
Non.