Publicado por: O Sil Ano 2000
http://www.osil.info
O termalismo, a debate os días 7 e 8 en Expourense

posted: June 05, 2012
Nas xornadas “A cidade termal como modelo de desenvolvemento turístico. Punto de encontro entre axentes empresariais e institucións”

A cultura da auga a debate dende unha perspectiva profesional. Expourense acollerá o 7 e 8 de xuño as xornadas profesionais de termalismo “A cidade termal como modelo de desenvolvemento turístico. Punto de encontro entre axentes empresariais e institucións”. O obxectivo fundamental do encontro é “visibilizar a cidade termal”, tal e como destacaba o concelleiro ourensán de Termalismo, José Ángel Barquero, na presentación das xornadas.


O programa inclúe conferencias e numerosas mesas de debate, sobre temas como os modelos de xestión termal, o termalismo e o desenvolvemento local, a comercialización e promoción do turismo termal ou a arquitectura termal e a sostibilidade.


Asemade no marco das xornadas presentarase a Asociación Ibérica de Termalismo, Termatalia Perú “Auga e Natureza” e o 38º Congreso da Sociedade Internacional de Hidroloxía Médica, que terá lugar en Laranjón (Granada) do 20 ao 23 de xuño e no que estará presente Ourense.

Texto: O Sil/Redacción Ourense   

(Máis información na edición en papel do periódico O Sil).