Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A ourensá Cristina Colomo, entre as mellores socorristas do mundo

A deportista do Club Salvour era 4ª no  campionato do mundo de salvamento e socorrismo deportivo celebrado en Australia

Cunha excelente actuación remataba Cristina Colomo a súa participación no campionato do mundo de salvamento e socorrismo deportivo celebrado entre o 16 de novembro e o 2 de decembro na localidad australiana de Adelaide.

Especialmente destacada era actuación da ourensá na proba dos 100 metros obstáculos na que acariñou o podio quedando en cuarta posición. A deportista do Club Salvour lograba ademais situarse entre as 8 mellores do mundo, noutras probas como os 50 metros rescate de maniquí na que foi sexta; os 10 metros de rescate de maniquí con aletas (sétima); na carrera de 2 quilómetros na praia (sétima); e nadar-surf (oitava).

Además de consolidarse como unha das mellores socorristas do mundo e a mellor europea, Cristina tamén bateu 2 récords de España na súa categoría”, explican dende o club ourensán, adiantando que agora, as expectativas están postas en acceder ao podio do vindeiro campionato do mundo que se celebraá en Italia no ano 2020.

Fotos: Club Salvour.

Artigos relacionados

Back to top button