ConcellosRubiáÚltima horaVídeos

Así baixaba o regueiro na Veiga de Cascallá (Rubiá) pola tormenta desta tarde

 

A forte tormenta que descargaba esta tarde durante uns tres cuartos de hora no municipio de Rubiá deixaba imaxes coma esta. Así viña ás sete e media da tarde o regueiro que baixa de Barrio e do Castelo e que vai ata o centro da localidade da Veiga de Cascallá para chegar ata o río Galir. “Viña con tanta forza a auga que marchou con contenedores, con leña, con chapas…, entrou nunha finca e ata moveu un coche que estaba nunha pista e que, afortunadamente, deu cun banco e parou alí”, comentan os veciños.

 

 

 

Non é a primeira vez que as fortes chuvias e a crecida do regueiro causan problemas na Veiga de Cascallá. Cabe recordar que en agosto, tras os graves incendios do pasado verán, unha tormenta tamén provocaba unha situación semellante. Sen embargo, nesta ocasión a auga, “por sorte, non entraba en ningún baixo, tamén porque estivemos atentos dende o primeiro momento”, indican os veciños.

Artigos relacionados

Back to top button