ConcellosO BoloÚltima hora

Atopada esta mañá en bo estado a veciña do municipio do Bolo que desaparecera onte

Dende Protección Civil do Bolo e dende a familia agradecen a colaboración e axuda recibida para poder localizala

 

A agrupación de voluntarios de Protección Civil do Bolo recibía na tarde de onte, 7 de xuño, un aviso alertando da desaparición dunha veciña do municipio. “Deseguido movilizamos 5 voluntarios e puxémonos a buscar, coordinados pola Garda Civil”, explican dende a agrupación. Pola noite suspendíase o operativo de búsqueda e esta mañá dende primeira hora, retomábase, cun resultado positivo. A veciña era atopada arredor das 10h. en bo estado.

“Dende Protección Civil O Bolo e dende a familia queremos expresar e trasladar toda a nosa gratitude los veciños e veciñas do concello de O Bolo que nos axudaron nas tarefas de búsqueda da nosa paisana que non aparecía na súa casa dende onte a noite. Tamén agradecer todo o traballo da Garda Civil, GES A Veiga e as distintas agrupacións de Protección Civil (A Pobra de Trives e Petín) que nos viñeron axudar hoxe e contribuíron a que esta búsqueda tivera un resultado positivo”, destacan.

Así mesmo dende Protección Civil do Bolo recordan que “estamos dispoñibles a través do 112 ou no 686549136 as 24 horas do día, os 7 días da semana”.

Artigos relacionados

Back to top button