No conxunto galega increméntase o número de votantes que acudían ás urnas ao longo da mañá con respecto aos anteriores comicios
Con “absoluta normalidade”, segundo a Xunta, arrancaba a xornada electoral en Galicia, onde se constituían 3.977 mesas, repartidas en 2.463 colexios electorais. Ao longo da mañá os datos amosaban un lixeiro aumento da participación que se concretaba ás 13:30h. na provincia nun 18,34%, case tres puntos máis que nos comicios do 2012, cun 15,49%.
Ourense é ademais a provincia galega que rexistraba con diferenza a maior participación pola mañá, xa que os avances de participación amosan a esa mesma hora un 14,70% na Coruña, un 15,20% en Lugo e un 14,21% en Pontevedra. A media galega de participación estaba ás 13:30h. nun 15,01%, por riba do 12,74% que se rexistraba nesa mesma franxa temporal nas eleccións do 2012, segundo os datos oficiais.
Tamén destacados resultan os datos de participación de comarcas ourensás como son as de Celanova con 24,19% de participación, A Baixa Limia cun 22,42%, A Limia cun 21,7%, O Ribeiro cun 21,34%, Verín cun 19,85% ou O Carballiño cun 18,20%.