OurenseÚltima hora

Un ouro e unha prata para Eva Feijoo (Salvour) no Galego de Salvamento e Socorrismo, en Ourense

A ourensá Eva Feijoo no alto do podio.

 

Na fin de semana do 18 e 19 de marzo, un total de 141 socorristas reuníanse na piscina Rosario Dueñas, no Pavillón dos Remedios de Ourense para participar no Campionato Galego de Salvamento e Socorrismo en augas pechadas nas categorías júnior e absoluto. Deportistas dos clubs de salvamento e socorrismo de Carballo, Umia, Laracha, Sada, Arteixo, A Estrada, Vilagarcia, A Coruña e o anfitrión, o Salvour.

O equipo ourensán do Salvour participou no campionato con Eva Feijoo, Roi Naranjo, José Moure, Andrea Marquina e Alvaro Iglesias, destacando unha a actuación de Eva Feijoo que lograba a prata na proba de 50 metros arrastre con maniquí cun tempo de 0:40:18 e o ouro na proba de 200 metros natación con obstáculos cun tempo de 02:15:66. Roi Naranjo alcanzaba a décima posición na proba de 100 metros socorrista cun tempo de 01:01:95.

A próxima cita de Salvour será a próxima fin de semana en Caldas de Reis onde se disputará o Campionato Galego Máster.

Artigos relacionados

Back to top button