En portadaÚltima horaVídeos

Lubián (Zamora) celebra a romaría da Tuíza na honra da Virxe das Neves

Ás 13h. tiña lugar a misa e a procesión coa actuación da Banda de Gaitas As Portelas

 

O municipio de Lubián, na Alta Sanabria (Zamora), pecha setembro e tamén a programación do seu “Verán Cultural” coa celebración da Romería da Tuíza, un dos referentes festivos do municipio. O programa abríase na noite do 23 de setembro cunha verbena a cargo de Claxxon, continuaba onte sábado coa actuación de Última Legión e chega a súa xornada central neste domingo, coaa Romería da Tuíza no santuario do mesmo nome e dedicado á Virxe das Neves.

 

 

 

 

Así, ás 11:30h. oficiábase a primeira misa da mañá no tempo, despois, ás 13h. celebrábase a misa maior, xunto coa procesión coa imaxe da Virxe das Neves, que estaba acompañada pola música da Banda As Portelas.

 

 

 

Deseguido, as numerosas persoas que se achegaban ata o santuario podían desfrutar cun xantar a base de pulpo no exterior do templo da man da Casa do Pulpo de Verín. A festa continuará pola tarde coa actuación da orquestra La Ocaband ás 18h.

Esta celebración está promovida pola Comunidade de Montes de Lubián, a parroquia de Lubián e o Concello.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button