ConcellosRubiáÚltima hora

VII Viñotapeo, na tarde do 10 de xuño en Quereño (Rubiá)

Imaxe da pasada edición do Viñotapeo en Quereño (Rubiá)./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

As rúas de Quereño (Rubiá) acollerán o vindeiro 10 de xuño o VII Viñotapeo, un percorrido gastronómico e festivo moi especial que cada edición atrae a máis público. A ruta comezará ás 20h. e contará con dez barrios participantes, coas súas correspondentes adegas, que ofrecerán viño e outras bebidas, xunto con variados e saborosos petiscos ao público.

Serán os seguintes: O Regueiro, A Currelada, O Quintairo, A Igrexa, As Cortiñas, A Teixeira, a Estación I, Estación II, Estación III e Estación IV. A entrada para poder participar neste circuíto festivo será de 10 euros e con ela entregarase unha taza e un pano.

Finalizado o traxecto, pasadas as once da noite, servirase café e sobremesas caseiras para os participantes na zona da pista. Ademais haberá unha fin de festa con discomóbil e bar. Esta singular celebración será organizada, un ano máis, pola Comisión de Festas de Quereño coa especial colaboración da veciñanza desta localidade valdeorresa.

Artigos relacionados

Back to top button