SanidadeÚltima hora

110 contratos de longa duración en centros de saúde e hospitais da área sanitaria ourensá

Con 54 prazas ofertadas enfermería é a categoría máis numerosa seguida da de técnicos de coidados auxiliares de enfermería (TCAE) con 15 prazas

Hospital Público de Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Cento dez nove persoas anotadas nas bolsas de emprego de diferentes categorías profesionais (listas de contratación temporal do Servizo Galego de Saúde para a cobertura de ausencias do persoal titular), poderán acceder a un dos contratos de longa duración, que a Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras ofertará este mes, para traballar en Centros de Saúde ou nos tres hospitais públicos da provincia, nunha iniciativa de promoción da estabilidade do persoal eventual, ata a convocatoria das prazas vía OPE (Oferta Pública de Emprego).

Este sistema supón un importante esforzo de planificación e seguemento dos cadros de persoal, por parte dos profesionais da Dirección de Recursos Humanos, na procura de potenciar a estabilidade laboral do persoal temporal e, moi especialmente, mellorar a conciliación da vida persoal e profesional das persoas que fan posible que os centros sanitarios manteñan a súa actividade os 365 días do ano, permitindo o necesario descanso dos titulares.

Os contratos que se “lanzarán” o vindeiro 29 de decembro, coa incorporación efectiva o 1 de xaneiro de 2026, e cobren un amplo abano de categorías profesionais: Persoal de enfermería, técnicos, persoal sanitario e non sanitario, destacando especialmente as prazas de enfermería, que son as máis numerosas do conxunto da convocatoria, tanto en atención primaria como no ámbito hospitalario. Tamén se inclúen nomeamentos de matronas, fisioterapeutas, técnicos en coidados auxiliares de enfermaría, celadores/as, persoal administrativo, mantemento e traballo social, entre outros.

Como novidade salientable, incorpórase ao cadro de persoal unha praza de terapeuta ocupacional, de nova creación, o que posibilita a súa conversión a praza estable, pasando directamente ao cadro de persoal.

Do total de prazas ofertadas, 24 corresponden á Atención Primaria, distribuídas en distintos centros de saúde da Área, mentres que arredor de 86 prazas destínanse ao ámbito hospitalario, tanto ao Hospital Universitario de Ourense como aos hospitais públicos de Verín e Valdeorras.

No Universitario de Ourense concéntrase o maior número de nomeamentos, con ao redor de 62 prazas, mentres que os hospitais comarcais suman 24 prazas, e 3 mais en atención primaria, reforzando así a atención sanitaria nestes distritos.

Todos os contratos cubriranse de xeito prolongado co persoal da lista de contratacións, seguindo como sempre a orde de puntuación, resultante da baremación da nota dos exames de OPEs previas, experiencia e méritos académicos ou formación.

Distribución de prazas no Distrito do Barco: HOSPITAL P. VALDEORRAS
• 3 Enfermeiras
• 1 Enfermeira/o especialista obstetricia e xinecoloxía (matrona)
• 4 Técnicos/as Coidados Aux Enfermería (TCAE)
• 1 Técnico/a Superior Imaxe Radiodiagnóstica (TSID)
• 3 Persoal Mantemento (1 electricista,2 calefactores)
• 3 Celador/as
• 4 Persoal Auxiliar Administrativo
• 1 Traballador/a Social
+ 2 PSX (Persoal de Servizos Xerais) en Atención Primaria:
1 no Centro de Saúde de Vilamartín e 1 no CS Barco

Back to top button