
Un ano máis a Garda Civil ten en marcha o dispositivo de seguridade da Volta a España, un evento que percorrerá Italia, Francia, Andorra e España da man da Unidade de Movilidad e Seguridade viaria da Agrupación de Tráfico, quen cubrirá unha distancia total de 3.151 quilómetros ao longo das súas 21 etapas.
Tal como informan dende o Ministerio do Interior esta Unidade é a responsable da seguridade da carreira cun despregamento total de 132 gardas civís de varias especialidades con 59 motocicletas, 28 coches todo terreo e un helicóptero de apoio aéreo co fin de protexer a ciclistas, equipos e afección ao longo de todo o percorrido.
Este grupo de gardas civís componse de 85 axentes da Agrupación de Tráfico, quen forma o corazón do dispositivo acompañando a proba e garantindo a fluidez e seguridade nas estradas polas que discorre. A eles súmanse 39 gardas civís do Grupo de Reserva e Seguridade con sede en Valencia coa función de prestar seguridade naqueles puntos crave da carreira. Como material de apoio ao seu labor, os gardas civís contan cun equipo anti drons especializado en neutralizar ameazas aéreas non autorizadas. Seis axentes do Servizo Aéreo terán a misión de vixiar desde o aire a carreira para detectar incidencias con antelación e coordinar as unidades terrestres. Finalmente, dous axentes do Servizo de Material Móbil realizarán labores de apoio. Ademais, contarán co apoio esencial das distintas unidades de seguridade cidadá da Garda Civil en cada unha das provincias españolas por onde discorre o evento.
Esta edición de La Vuelta ten etapas por Italia, Francia e Andorra. Hoxe estase a celebrar a 3ª entre San Maurizio Canavese e Ceres, en Italia; e a 17ª sairá do Barco de Valdeorras o día 10 de setembro.

Fonte: Ministerio do Interior.