A petanca é outro dos deportes que dende o ano pasado forma parte do programa das festas de verán na Rúa. Así, na xornada deste sábado 2 de agosto, dende as nove da mañá estase a disputar o segundo torneo.
Organizado polo Club de Petanca A Rúa participan 16 tripletas dos clubs do Barco e da Rúa que xogan nas 8 pistas habilitadas (5 no propio campo e 3 no camiño ao lado). Terán parada para xantar no bar das piscinas e pola tarde retomarán a competición ata a entrega de premios.



Fotos: Mónica G. Bellver.