Vitoria e tres puntos para o CD Rúa na xornada 16 da Segunda Futgal Ourense. Na tarde deste domingo 21 de decembro o conxunto rués enfrontábase ao Cortegada no campo Vicente Solarat Maceda, no último partido antes do parón de Nadal, cun resultado de 3-0.
Na fría tarde do inicio do inverno Hugo marcaba o primeiro para os locais xa nos primeiros compases do partido, no minuto 6, rematando a primeira parte co 1-0 no marcador.

Na segunda parte, tralo paso polo vestiario, marcaba Borja (minuto 80) e Hugo sentenciaba o encontro co seu segundo gol rozando xa o final.
A seguinte cita para os amarelos será o 11 de xaneiro no campo do Paderne.
Fotos: Mónica G. Bellver.