Por segundo ano consecutivo era o grupo Unión Phenosa o encargado de poñer o ritmo á Festa das Pandillas que, no mediodía deste sábado 13 de setembro, reunía a 23 peñas (350 persoas).
Cada unha cun distintivo. Panos de cores, camisetas con mensaxe, gafas, sombreiros,… entre as asistentes non faltaban as clásicas Os da Veira do Sil (a máis numerosa con 43 membros), Px, VHO+, Saldoira, Coirachos/ Baratas e por suposto Amigos de Los Iris, cos que empezou todo. “Fomos os primeiros que empezamos a reunirnos na véspera do Cristo, ao Concello gustoulle a idea e creou a festa”, explica un dos deus membros, María Carmen Gago.
E despois, moitas de recentes creación, amigos, familias, da vila e doutros pobos da comarca cos nomes máis orixinais. Vimos de Hawai, eche o que hai, Estrelas da praza, As nenas da praza, Cuchipanda, Los Magníficos, Os Gazela, Los Comilonas, Os de Rubiá, Los de los saraos, Piolines, Esto es un Cristo, Panzapegos, La Tribu, Os Reencontrados, Los Fresquitos, Roblido e Impórtasme.
No día previo ao Cristo no Barco é día de reencontros, festa, risa, bailes e ata un xantar. Todo o que inclúe a Festa das Pandillas con pinchada servida por Mantesil.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.