
Cos mellores datos dos últimos anos, tanto en número de coches vendidos como de visitas recibidas, o Salón do Automóbil de Expourense consolídase como o “momento e o lugar preferido polos ourensáns para adquirir un novo coche”. Así o demostran os datos desta 17ª edición que pechou as súas portas esta tarde logo de celebrar a cita adicada ao Vehículo Novo (a pasada semana) e ao Vehículo de Ocasión (cita desta fin de semana). Ambos os dous salóns celebráronse durante 6 xornadas de feira que atraeron ata o recinto de Expourense máis de 11.000 visitas que mercaron un total de 350 coches (171 novos e 179 de ocasión). Con respecto a anos anteriores, nos que se vendían máis coches de ocasión que novos, nesta edición o reparto estivo practicamente ao 50%. Por cada coche novo, véndense en Galicia 3 de ocasión. A alta demanda no mercado de ocasión provocou a suba de prezo deste tipo de vehículos e que se visen reducidas as diferenzas con respecto ao vehículo novo.
Os organizadores mostraron a súa satisfacción por estes resultados, que superan os de todas as edicións postpandemia. Destacou nesta edición ademais a numerosa presenza de público procedente doutras ciudades galegas, de Vigo e Pontevedra sobre todo. Foi unha cita organizada de forma conxunta entre Expourense e A.C.A.U.T.O., coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense, que contou coa participación de 20 concesionarios que representaban a 31 marcas.

A cifra de vendas ascenderá nos vindeiros días, xa que é frecuente que se pechen, durante esta semana e a próxima, operacións comezadas nestes salóns. A esta cifra hai que engadir tamén os 135 coches vendidos durante a última edición do Car Outlet organizada tamén entre Expourense e ACAUTO e celebrada no pasado mes de abril.
Á vista destes datos, o Salón do Automóbil volveu cumprir o seu papel de cita esperada polos expositores, para incrementar as vendas do ano, e tamén polo público que agarda a este salón para mercar o seu novo coches, xa que sabe que no mesmo recinto pode consultar a meirande parte das opcións dispoñibles no mercado. Con estas cifras de vendas contribuirase a reducir a antigüedade do parque móbil de Ourense que, con 18,2 anos de media, é a máis alta de España.

Como incentivo para animar aos visitantes a axilizar o proceso de decisión, a organización volveu poñer en marcha o sorteo, entre aqueles que mercaron un automóbil durante o salón, un bono desconto por importe de 6.000 euros a descontar do prezo de venta do vehículo adquirido e que supón o desconto máis grande realizado en feiras deste tipo en Galicia. A.C.A.U.T.O. realizará esta semana o sorteo ante notario na sede da Confederación Empresarial de Ourense (o martes 27 de outubro ás 12.00 h.) entre as papeletas que cubriron os compradores. A entrega do bono desconto terá lugar o xoves 5 de novembro no concesionario que tivera vendida o coche cuxo cupón resulte premiado.
A vindeira cita feiral de Expourense será xa a 27ª edición de Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebra entre o 19 e o 22 de novembro. Polo que respecta aos eventos, este martes 27 de outubro, Expourense é o espazo elixido para celenrar unha xornada do proxecto “Digital_Expo” que achegará a Intelixencia Artificial ao comercio local e, esa mesma tarde, a Gala do Comercio Galego. E a fin de semana do 7 e o 8 de novembro, o recinto acollerá a terceira edición de Expofamilia Ourense, os días