O Hospital Universitario de Ourense vén de acoller a toma de posesión de praza coma persoal estatutario fixo dun total de 42 técnicas en coidados auxiliares de enfermaría (TCAE) e 4 persoal de servizos xerais (PSX) tras resolver o Servizo Galego de Saúde o seu proceso de estabilización desas categorías profesionais, por concurso de méritos.
No que atinxe ao Hospital universitario de Ourense, foron un total de trinta e dúas TCAE as que elixiron dito destino profesional, mentres que cinco incorpóranse no distrito sanitario de Verín e outras cinco ao distrito sanitario de Valdeorras. As profesionais desenvolverán o seu traballo nas distintas unidades de hospitalización dos hos-pitais de Ourense, Piñor, Verín e Valdeorras, nas áreas cirúrxicas, áreas de consultas, probas de dixestivo, esterili-zación, urxencias, coidados intensivos ou pediatría.
No que respecta ao persoal de servizos xerais (PSX), son catro as incorporacións que desenvolverán a súa activi-dade nos centros de Atención Primaria de A Veiga, Lobios, Vilar de Barrio e Verín.
Os aspirantes nomeados disporán do prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da publicación desta Resolu-ción no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada, rematando este prazo o vindeiro 30 de outubro. Como dato curioso tan só un, dos corenta e oito profesionais que se incorporan á área sanitaria ourensá, é home, o que supón un 98 % de presenza feminina neste proceso de estabilización.
Cómpre lembrar que publicouse o pasado luns no Diario Oficial de Galicia esta Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde pola que se procedía ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo destes aspirantes seleccionados nos procesos selectivos de estabiliza-ción, polo sistema de concurso de méritos, nas categorías de TCAE e PSX convocados polas resolucións do 26 e 28 de decembro de 2022, respectivamente.
293 profesionais en toda Galicia
A resolución deste proceso supón a incorporación de 293 profesionais en toda Galicia ás institucións sanitarias do Sistema Público de Saúde, con condición de fixeza.
Na categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermería serán nomeados 276 aspirantes, dos cales 253 acce-deron pola quenda de acceso libre e 23 pola de discapacidade xeral. Nesta categoría hai 277 prazas ofertadas que-dando unha praza diferida por atoparse unha das aspirantes seleccionadas en situación de incapacidade permanente e pendente de revisión por melloría. Na categoría de persoal de servizos xerais resultaron seleccionadas 17 persoas, 15 das cales accederon pola quenda de acceso libre e 2 pola de discapacidade xeral.
Estas 294 prazas engádense ás 985 prazas ofertadas mediante o sistema de concurso-oposición para estas dúas categorías de persoal estatutario, correspondendo 196 á categoría de persoal de servizos xerais e 789 á categoría de técnico en coidados auxiliares de enfermería. Este proceso xa está na fase de concurso e continuará coa publicación de persoas seleccionadas para a elección de destino. Do total de aspirantes nomeados en toda Galicia o 98% están vinculados actualmente no Servizo Galego de Saúde e o 93,2% son mulleres.