DeportesKárateÚltima hora

5 medallas e 1 diploma para os karatekas do Barco no I Trofeo Ribeira Sacra 2025

 

Agora si. En pleno verán, na xornada deste sábado 5 de xullo remataba a tempada 24/25 de karate co I Trofeo Ribeira Sacra 2025, disputado no concello de Carballedo. Alí, os karatekas desfrutaron dun bo campionato e tamén das piscinas que o Concello puxo a disposición de todos os competidores, tal como destacan dende KC River Stone do Barco de Valderras que participaba con 5 competidores que lograban 5 medallas (1 ouro, 2 pratas e 2 bronces) e 1 diploma:

Na modalidade de kata, Raúl Pérez Panizo facíase coa medalla de ouro en Infantil, onde Eric Rodríguez Carballo era 5º; mentres que Diego Prada Rodríguez e Aina Moral Castro lograban unha prata cada un en Cadete.

Na modalidade de kumite, Raúl Pérez Panizo era 3º en Infantil <30kg; e Aina Moral, 3ª en Cadete <54kg.

 

Raúl Pérez Panizo.

 

Fotos cedidas.

Back to top button