Coa degustación duns 500 quilos de castañas asadas e 200 litros de viño novo, o Concello de Quiroga poñía o broche á celebración do patrón da vila, San Martiño, como cada 11 de novembro.

A xornada festiva deste mércores comezaba cos actos relixiosos; e xa pola tarde na praza Maior, cuberta parcialmente por unha carpa por mor da intensa chuvia, tiña lugar o tradicional magosto popular, ao que asistía numerosa xente a pesar da intempestiva tarde.

Con doces e café/ chocolate á venda estaban coma sempre alumnos do instituto, recadando cartos para a excursión e poñendo ritmo á tradicional festa Dj Michel.

Fotos: O SIL.