ConcellosÚltima hora

73.500 euros para urbanizar o entorno do colexio barquense Divina Pastora

A intención do Concello do Barco é poder realizar as obras neste mesmo verán
O alcalde do Barco, na rolda de prensa.
O alcalde do Barco, na rolda de prensa.

“É unha obra que consideramos imprescindible”. O alcalde do Barco, Alfredo García, referíase con estas palabras ao proxecto de urbanización do entorno do colexio Divina Pastora, unha actuación en cuxa primeira fase se prevé investir a cantidade que a Deputación destinará a este concello nos plans provinciais. Esta primeira fase suporá un investimento duns 73.500 euros, segundo adiantaba o rexedor barquense en rolda de prensa.

A intención é poder executala durante este verán. “Ao tratarse dun colexio, as obras terían que realizarse en período vacacional para non causar trastornos, entón nós xa coa propia petición de obra imos a pedir xa a delegación de competencias, ímoslle xustificar á Deputación a urxencia da mesma para intentar que estea adxudicada a finais de maio ou xuño, para poder facela entre xullo e agosto. Ese sería o obxectivo, pero nós non podemos adxudicala mentres a Deputación non nos autorice. Pero entendo que non debería de haber ningún problema para iso”, continuaba Alfredo García.

Esta actuación convertirá a zona en semipeatonal, con beirarrúas de adoquín con aglomerado polo centro, e quedará todo ao mesmo nivel. Asemade limitaranse os aparcamentos, tendo en conta ademais que a 100 metros do centro escolar existe unha ampla zona na que se pode aparcar e que está en terreo municipal.Tamén se aproveitará para renovar as tuberías de auga e saneamento.

Texto: O Sil/Redacción Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button