Ourense

830.000 euros na cidade para mellorar saneamento e urbanismo

Medio Ambiente investirá 600.000 euros en ampliar redes de saneamento no rural e 230.000 para mellorar o entorno de Covadonga
Mato (segunda pola dereita) visitou hoxe o Concello de Ourense para asinar un acordo de colaboración.
Mato (segunda pola dereita) visitou hoxe o Concello de Ourense para asinar un acordo de colaboración.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Ourense suscribiron hoxe un convenio de colaboración que fixa o investimento de 830.000 euros para acometer melloras en materia de saneamento, especialmente en puntos do rural. Tamén servirá para humanizar certos espazos urbanos. A rúbrica foi acometida polos titulares das dúas administracións, a conselleira Beatriz Mato e o alcalde da cidade, Jesús Vázquez.

“Imos mellorar a rede de saneamento de distintas parroquias ourensás e imos ampliala naqueles puntos onde aínda non dispoñen dela”, explicou Mato. Unhas actuacións que se levarán a cabo cun montante de 600.000 euros.

No tocante ás actuacións de urbanismo, serán 230.000 euros para mellorar o entorno da praza e a alameda de Covadonga. Actualmente Medio Ambiente está a redactar o convenio de claboración que, tras a súa firma, permitirá licitar as obras. O obxectivo é que se poidan iniciar en outubro.

Artigos relacionados

Back to top button