
Aceites Abril segue incidindo no mercado norteamericano. Os seus produtos, representados pola súa directora de exportación nos EEUU e Canadá, Elena Pérez Canal, estaban presentes na gala de entrega dos prestixiosos premios Starchef Rising Stars, que tiña lugar o pasado 16 de decembre en Washington DC. Estes galardóns, coñecicos como os Óscar Culinarios, distiguen aos profesionais da cociña que representan a vangarda nos Estados Unidos.

Dentro da súa promoción exterior no pasado 2014, Aceites Abril ten sido unha das empresas seleccionadas pola entidade ICEX España Exportadores e Inversións para o seu plan sectorial de aceite de oliva. “O proxecto de promoción desenvolveuse tanto nos Ánxeles como en Washington DC. Na costa oeste, as degustacións dos produtos, a través dunha barra de aceites dirixida polo ICEX, realizáronse dentro do Great Match, un certame dirixido a distribuidores e restauradores no marco do restaurante do chef José Andrés”, tal e como indican dende esta empresa ourensá.
Asemade esta firma tamén estaba presente no Sapin Day, en Le Cordon Bleu Pasadena. “Ambas xornadas permitiron dar a coñecer os produtos de Aceites Abril a importantes expertos en gastronomía e prescriptores”. Por outra banda, a capital estadounidense acollía una cata dos seus produtos á que acudían a maioría dos chefs da costa este.
Dende Aceites Abril destacan que nos nove meses que levan implantados nos Estados Unidos, exportáronse 200.000 litros, “unha cifra que previsiblemente irá en aumento. De feito, o pasado ano 2013 foi o primeiro en que España adelantou a Italia en exportaciones de aceite a EEUU”, explican dende a empresa.