O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicaba na tarde do 21 de maio en Ourense o papel dos socialistas como “o partido da Galicia real”, tamén “a Galicia das persoas ás que o PP defraudou e deixou tiradas unha vez acadado o seu voto”. Era unha das mensaxes que lanzaba no decurso central do mitin que se celebraban no edificio politécnico de Ourense para apoiar á candidatura do socialista José Ángel Vázquez Barquero á alcaldía de Ourense.
Ademais o secretario xeral do PSdeG reivindicaba a necesidade de continuar co proxecto socialista e chamou aos ourensáns a “non permitir que Feijóo substitúa un alcalde de todos os veciños por un amigo seu, dos que sabe que non se atreven a dicirlle que non”. E incidía en que “o PSdeG somos a única maioría de esquerdas que suma nos concellos para que o cambio chegue a toda a provincia. Por iso cómpre seguir cunha xestión socialista no concello e romper tamén a liña dinástica do Partido Popular que reina na Deputación e que Feijóo permite e admite como natural”, dixo o socialista, que incidiu en que “non se pode confiar máis no partido que traizoa aos que lle votan, non se pode confiar no partido que máis traizoa ás persoas”.