ConcellosÚltima hora

O rues Xabier Bruña, nun ciclo de conferencias online organizadas pola RAGC

Este doutor enxeñeiro de montes abordará na súa intervención "O papel das administracións públicas como mediadoras e facilitadoras na biointensificación"

O enxeñeiro de montes valdeorrés Xabier Bruña./ Foto FB.

 

“Biointensificación. Retos na agricultura, gandería, sector forestal e alimentación” é o titulo do “Ciclo Luis Asorey 2020” que conta cunha serie de conferencias online que se desenvolverán do 16 ao 30 de novembro entre as 19h. e 21h.

Entre os relatores destas xornadas, promovidas pola Real Academia Galega de Ciencias, está o valdeorrés Xabier Bruña, doutor enxeñeiro de Montes e educados social. A súa conferencia, coa temática “O papel das administracións públicas como mediadoras e facilitadoras na biointensificación”, está prevista para o día 24 de novembro ás 19h.

A inscrición nestas xornadas é gratuíta.

Máis información, no programa adxunto aquí.

Díptico webinar BIOINTENSIFICACIÓN. Ciclo Asorey 2020

Back to top button