Nesta xornada a área do PAC de Trives rexistra un descenso nos datos de casos activos de Covid-19, cun total de 18, o que supón 3 menos que onte, segundos os datos notificados polo hoxe Sergas aos concellos.
Así Manzaneda ten 3 positivos, 2 menos que onte; Trives 14, 1 menos que onte. O municipio de San Xoán de Río mantén 1 positivo.
“Agardamos aínda resultados estes días, pero tamén altas”, indican dende o Concello da Pobra de Trives que, novamente, pídelle a poboación que non esqueza o cumprimento das medidas preventivas.