En torno á figura de Nelson Mandela xiraba a celebración do Día da Paz, o 30 de xaneiro, no colexio barquense Condesa de Fenosa. Cada un dos alumnos do centro elaboraba unha bandeirola onde reflectía os seus desexos e compromisos de paz e amizade, e logo todas elas se penduraron no pista deportiva, formando un gran paraugas da paz, mentres un representante de cada aula lía os 10 principios básicos da igualdade elaborados polo propio Mandela para superar a confrontación racista que imperaba en Suráfrica cando el asumiu a presidencia do país.
Fotos cedidas polo Colexio Condesa de Fenosa do Barco