ConcellosÚltima hora

Falece unha persoa nun choque frontal entre dous vehículos

 

No mediodía deste mércores 22 de xuño falecía unha persoa nun accidente de tráfico en Parderrubias, no termo municipal da Merca. O suceso producíase pouco antes das 13 horas na OU-540, entre A Merca e Celanova, cando dous vehículos impactaban frontalmente e o ocupante dun deles saía despedido. A ocupante do outro coche, un todoterreo, tiña que ser excarcelada.

Dende o 112 Galicia solicitaban a intervención dos bombeiros da Mancomunidade de Celanova, da Garda Civil de Tráfico, de Protección Civil e de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado ata o lugar dos feitos.

Back to top button