Os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá convertíanse en protagonistas da celebración do Día das Letras Galegas na tarde deste 16 de maio. O Concello agasallábaos con libros en galego, adaptados por idade, en cada ciclo. Eran entregados pola concelleira de Cultura de Rubiá, Laura Iglesias. Un ano máis o Concello de Rubiá pon o foco nos máis pequenos na celebración das Letras, que nesta ocasión están adicadas a Luísa Villalta.
Fotos cedidas.
