OurenseÚltima hora

Vilanova dos Infantes viaxa a través da tradición coa 21ª Romaría Etnográfica Raigame

 

Ao longo desta xornada de 17 de maio a tradición cobraba vida en cada recuncho de Vilanova dos Infantes a través da Romaría Etnográfica Raigame. Danzas, música, teatro, oficios artesáns, exposicións… e dozaría, xa que nesta 21ª edición a celebración estaba adicada aos doceiros.

Raigame é “un dos tesouros etnográficos da nosa provincia e, como tal, desde a Deputación mimamos esta cita como se merece, sendo un fiel reflexo da idiosincrasia galega, un xeito diferente para nos sentir orgullosos da nosa lingua, da nosa cultura e da nosa tradición”, dicía o presidente provincial, Luis Menor, no percorrido que facía esta mañá pola romaría. Tamén animaba aos asistentes “a disfrutar, viaxando no tempo”, cun protagonismo destacado para os doces, xa que este ano a organización adícalle esta romaría a unha actividade ou oficio con raíces na cultura popular, e nesta edición o protagonismo é para a Repostería, “cun especial recordo para “As isoliñas” e os seus bolos que tanto se lembran en Celanova”.

Esta iniciativa está promovida pola Deputación a través do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo; o Concello de Celanova e a propia veciñanza de Vilanova dos Infantes, a quen Menor felicitou, “pois a meirande parte do éxito desta festa é grazas a vós”. Na súa intervención, Luis Menor reivindicou que “debemos facer entre todos que Raigame sexa o eixo central de todas as celebracións do Día das Letras Galegas en Galicia”.

 

 

Por último, Luis Menor agradeceu a todos os participantes “por acudir a este referente da difusión e transmisión da cultura popular e tradicional para toda Galicia”, sinalando que asiste xente de todas as provincias galegasd, así como de Zamora, León, Asturias e Portugal. E tamén manifestou o seu agradecemento á organización “polo seu empeño de seguir subindo o nivel de Raigame ano tras ano, algo que non é fácil pero que gracias ao traballo ben feito supéranse en cada edición”.

O presidente provincial tamén participaba no descubrimento do selo conmemorativo de Raigame, deseñado pola Asociación Filatelia Miño de Ourense.

 

Back to top button