DeportesÚltima hora

O valdeorrés Paco Bao, trofeo ao corredor máis veterano na XIII Carreira Popular de Chantada

 

O veterano atleta valdeorrés Paco Bao (Club Adas Cupa do Barco) continúa sumando probas. Así, o 18 de maio realizaba a súa carreira número 711 en Chantada. Participaba na XIII Carreira Popular de Chantada, dentro do Circuíto Miño-Ulla de Carreiras Populares.

“Estivo un pouco pasada por auga, pero a Vida Segue…”, comenta Bao que recollía un trofeo ao corredor máis veterano e “unha botella de mencia, xentileza do Club Chantada”. A suá próxima cita deportiva será en Silleda, na Semana Verde.

Back to top button