Nesta ponte festiva, que se iniciaba o 17 de maio, un grupo de pilotos de enduro ourensáns (en concreto de Valdeorras, Verín, Maceda e Ourense) está a realizar unha ruta deportiva e turística polo norte de Portugal. Tras pasar por Castro Laboreiro (Melgazo), continuaban ata o santuario da Virxe da Peneda (Arcos de Valdevez).
https://youtube.com/shorts/WYV299BhFA0?feature=share
Outro dos puntos da viaxe era na xornada do sábado Esposende, cunha parada xunto á escultura que rende homenaxe ao piloto Paulo Gonçalves, e outra á beira do mar.
E, neste domingo 19 de maio, visitaban Fafe e logo dirixíanse cara Boticas. A ruta concluirá, xa de volta a terras ourensás, en Allariz.
Fotos e vídeo cedidos.


