Pouco despois das 12:00 horas deste 25 de maio o 112 Galicia era alertado de que tres ciclistas que estaban estaban realizando unha baixada pola OU-303, no quilómetro 1, víanse sorprendidos por un corzo e batían contra el. O choque provocou que un deles quedase ferido sobre a estrada. O alertador era un dos ciclistas. Con isto, os xestores do 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Xinzo, GES de Muíños e Garda Civil de Tráfico.
“Posteriormente, os membros do GES de Muíños indicaron que finalmente foran tres os feridos tralo choque. Un deles tivo que ser trasladado ata o hospital de referencia a bordo do helicóptero medicalizado con base en Ourense”, tal e como informa o 112 Galicia.
