Distintas unidades da Policia Nacional realizaban esta mañá unha exhibición para escolares no pavillón Paco Paz de Ourense, á que asistiron máis de 2500 nenos e nenas de diversos colexios da provincia. Na exhibición, que se enmarca nos actos con motivo do Bicentenario da Policía Nacional e no Plan de Convivencia e Seguridade nos Centros Escolares da Subdelegación, participaron axentes das unidades de medios aéreos, guías caninos, TEDAX (explosivos), GOES,GOR(motos), defensa persoal, policia cientifica e Subsolo, aos que o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, agradeceu o seu labor para facer da provincia de Ourense unha das máis seguras de Galicia e do conxunto do Estado español.
O acto contaba tamén coa asistencia doutras autoridades como o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, César Fernández, e o delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo.
Manuel Pardo puxo en valor a entrega, a eficacia e o esforzo diario das forzas e corpos de seguridade que traballan en Galicia para contribuír a unha comunidade máis segura, en coordinación e colaboración coas restantes forzas e corpos de seguridade existentes na comunidade, e destacou a súa dedicación por facer de Ourense e Galicia “un dos mellores lugares para vivir, traballar e tamén visitar”.