OurenseÚltima hora

A CHMS intensifica os traballos de conservación e mellora dos leitos da provincia, nos municipios da Bola e A Peroxa

Esta semana trabállase nos ríos Do Porto e Ourille ao seu paso pola Bola, e nos ríos Miño e Bubal nos tramos que discorren pola Peroxa

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) intensifica os traballos de conservación e mellora dos leitos da provincia de Ourense. Eta semana trabállase nos municipios da Bola, nos ríos Do Porto, Ourille; e nos ríos Miño e Bubal ao seu paso pola Peroxa.

En ambos municipios procédese á retirada de árbores secas, enfermas ou en perigo de caída, ademais de rozas selectivas de matogueira perimetral e poda e clarexo de ramas baixas, todo iso co interese de evitar tapóns nas infraestruturas de paso.

No río Miño, ao seu paso pola Peroxa, complétase a actuación coa eliminación de especies exóticas invasoras, Acacia dealbata e Robinia pseudoacacia, presentes en varios puntos do leito e marxes. “Estas intervencións teñen como obxectivo mellorar a capacidade hidráulica do leito, de manter a composición da vexetación de ribeira e de eliminar os restos de lixo acumulados nalgunhas zonas concretas”, explica o presidente da confederación, José Antonio Quiroga.

“É importante destacar que, aínda que, as actuacións de conservación e mantemento de leitos son competencia das Confederacións Hidrográficas, a norma engade unha excepción en canto aos leitos públicos situados en espazos urbanos, cuxa competencia corresponde á Administración competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo”, matizan dende a CHMS.

 

Back to top button