Dous podios sumaban os atletas das Escolas Deportivas de Trives noutras tantas competicións que se celebraban na pasada fin de semana. Así, Aitor García quedaba segundo en peso 4kg. e terceiro en xavelina 600gr na final da Copa Deputación de Atletismo Sub16 que se disputaba o sábado nas pistas barquenses de Calabagueiros. “Todo un orgullo telo nas escolas de Trives, é un atleta ao que dá gusto adestrar, sempre sorrindo e de bo humor e á hora de competir, seriedade e compretido”, comenta o seu adestrador, Tino Sierra.
Ademais, Antón Prieto lograba unha terceira posición en 80m, cunha marca de 10’76 o domingo no Campionato galego Sub14 en Lugo.
Fotos cedidas.