O Carballiño vive unha das xornadas máis intensas da súa 62ª Festa do Pulpo, declarada de interese turístico internacional e dedicada nesta edición ao Ribeiro. O ambiente xa se sente nas rúas, con animación musical, e chegará ao seu punto álxido a partires das 22h. co xantar popular que se celebrará no parque municipal e que será multitudinario.
Fotos: O SIL.



