A VeigaConcellosÚltima hora

A Veiga déixase envolver por unha nova edición do programa “Tecendo soños”

O acto inaugural tiña lugar na tarde do domingo coa presenza da directora xeral de Promoción da Igualdade

 

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, asistía na tarde do domingo 11 de agosto á inauguración do programa “Tecendo Soños”, impulsado pola Asociación Centro de Animación Rural de Mulleres da Veiga e o concello para promover encontros e actividades entre as mulleres de máis idade desta localidade. Durante o acto, a directora xeral puxo en valor este programa que permite crear un espazo de benestar e de sociabilidade das mulleres do rural e así loitar contra o illamento, ao tempo que se recuperan tradicións e se aposta pola sustentabilidade e a reciclaxe.

 

 

O Goberno galego colabora co concello da Veiga e a Asociación Centro de Animación Rural de Mulleres da Veiga na posta en marcha desta iniciativa que se leva a cabo desde o ano 2016. A directora xeral animou ás mulleres que compoñen esta iniciativa a seguir reuníndose, creando e dando vida ao seu entorno máis inmediato. A inauguración, que tivo lugar na praza do Concello, contou coa actuación da Escola Municipal de Música e continuou na praza do Toural co grupo Luar na Lubre.

Back to top button