Dende a comisión de festas de Meda (A Veiga) están a organizar o que será o I Concurso da Tortilla desta aldea. “Este ano estamos buscando a receita máis saborosa de tortilla de patacas, polo que presentamos este certámen como novidade na programación festiva para o día 25 de agosto”, adiantan os organizadores.
Así as persoas interesadas en participar poderán inscribirse de maneria gratuíta nas redes sociais da comisión ou de maneira presencial (a partir do 19 na escola de Meda) e terán que presentar como mínimo 1 tortilla de tamaño mediano.
Os premios do concurso serán 3. O primeiro valorado en 200€, o segundo en 100€ e o terceiro en 50€. Unha vez valoradas as tortillas participantes haberá una degustación gratuíta das mesmas, tal e como sinalan os promotores.
