
Dentro da programación “Un Verán de Altura” estanse a organizar actividades como cine ao aire libre, contando coa presenza dos directores Óliver Laxe e Ignacio Vilar, a actuación do grupo folk Luar na Lubre, dentro da inauguración do programa Tecendo Soños,… dende o concello séguese apostando pola cultura con actividades para esta fin de semana e para os vindeiros días.
As suxerencias comezarán o venres 16 de agosto ás 19.00 horas coa presentación do libro “Pel de crocodilo” de Rosana Murias na Sala de Conferencias O Toural. “Fainos especial ilusión o número de autores e autoras locais que están presentando aquí a súa obra, en espescial Rosana Murias natural da Veiga”, din dende o Concello.
A mesma sala acollerá a exposición de pintura “As terras de Trevinca nos lenzos de Paco Ascón” de luns a sábado en horario de 11.00 a 13.00 horas e, polas tardes, de 19.00 a 20.00 horas. Na aposta polo astroturismo o sábado 17 de agosto, terá lugar a Experiencia Fotográfica “Lúa de Esturión”, guiada polo astrónomo Óscar Blanco. A inscrición será na oficina de turismo de A Veiga, até o venres ás 20.00 horas ou a través do enderezo electrónico turismo@aveiga.gal.
Xa o domingo 18 de agosto, ás 9.30 horas arrincará unha Andaina solidaria contra o cancro; é unha ruta circular de 6 km que sairá e finalizará na Praza do Concello da Veiga. Anímase a participar nesta activdade “moi accesible para tódolos públicos e dado o seu carácter solidario. Contará cun detalle para todos os participantes e un avituallamento no percorrido”, aseguran dende o Concello da Veiga.
É posible inscribirse para participar ata as 12.00 horas deste venres, día 16 de agosto, a través do enderezo electrónico concello@aveiga.gal ou o mesmo día ata media hora antes da saída. A cota de inscrición para maiores de 16 anos é de 10€ e para menores de 16 anos, 5€.
Dende o Concello da Veiga anímase a tódalas persoas a participar nestas actividades, e en calquera outra das que se están desenrolando no mes de agosto (aluguer de material náutico como pedaletas, catamarán, bicicletas acuáticas, aluguer de bicicletas eléctricas, visitas ao Centro Astronómico de Trevinca, etc.).
