
Os membros do GES de Ribadavia liberaban esta tarde a unha muller, que quedaba atrapada por un pé nun balcón de madeira. Sucedía nun complexo hoteleiro situado en Arnoia (Ourense), de feito, “foi o persoal do mesmo hotel quen chamou ao 112 Galicia sobre as dúas deste mediodía para pedir axuda. Indicaba que unha hóspede quedara encaixada polo pé nun balcón, e non eran capaces de liberala por se o dano se agravaba”, tal e como indica o 112 Galicia.
Así, tras ser avisados polo 112 Galicia, acudiron ao punto os membros do GES de Ribadavia, que liberaron á muller para ser evacuada polos servizos sanitarios.
Con todo, ademais do Servizo Sanitario de Urxencias de Galicia-061 e do GES de Ribadavia, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros do Carballiño, da Garda Civil e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Mancomunidade do Ribeiro.