
Pasadas ás 10h. deste luns 26 de agosto o 112 Galicia era alertado dun accidente de tráfico no km 233.200 da estrada N-525, ao seu paso polo termo municipal de San Cibrao das Viñas. Tratábase dunha colisión entre a cabeza tractora dun camión e un turismo.
De inmedato o 112 Galicia daba aviso a 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de San Cibrao, ao GES de Pereiro e á Garda Civil de Tráfico.
No sinistro resultaba ferida a condutora do turismo, que estaba atrapada no vehículo e foi excarcelada polos bombeiros, segundo informa o 112 Galicia. A ferida foi evacuada ao Complexo Hospitalario de Ourense.
Debido ao accidente, cortábase a N-525 cortada en ambos os sentidose establecíanse desvíos por ligazón á A-52, segundo informa a Garda Civil.
