Meda (A Veiga) está celebrar os días 25 e 26 de agosto as festas na honra da súa patroa Santa María, con multitude de actividades. O programa inicia´base o domingo día 25 darase ás 21h., co I° Concurso de Tortillas de patacas con grandes premios para os gañadores. Logo, viña unha cea popular que cumpría tres edicións e que remataba ao son da Discomóbil Danzalia.
A medianoite, tiña lugar a “Noite do Carro”, cun percorrido polas rúas da aldea co tradicional carro, anunciando co seu son característico unha nova data festiva. Despois viña a animación musical coa Discomóbil Danzalia no Campo da Festa.
Este luns 26 pola mañá, ás 11h., a charanga Los Imparables realizaba un pasarrúas pola aldea animando coa música á veciñanza. Xa ás 13h. celebrábase a misa solemne na honra a Santa María seguida da procesión e sesión vermú amenizada pola charanga.
Fotos cedidas.