Dobre cita na pasada fin de semana para o atleta valdeorrés Paco Bao (Club Adas Cupa do Barco). Na tarde do 31 de agosto participaba nos 3 km de color en Ponferrada, que partía das proximidades do Castelo dos Templarios.
Ademais o domingo 1 de setembro tomaba a saída na Carreira Solidaria do Bicentenario da Policía Nacional en Ourense, con saída da explanada da Comisaría Provincial ás 10h. e cun percorrido de 5 km.
Nestas dúas competicións, coas que Bao chega ás 728 probas deportivas, tamén había máis participación valdeorresa.
Fotos cedidas.
