CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Inicio de curso cheo de ilusión, reencontros e algún nervio no CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco)

 

Globos de cores e mensaxes de benvida para o alumnado do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco), que esta mañá se incorporaba ás aulas tras as vacacións do verán. Entre algún nervio, moita ilusión e apertas ao reencontrarse cos compañeiros de clase, arrancaba esta xornada na que os nenos eran recibidos na porta do centro pola súa directora e, no interior, polas diferentes profesoras.

Para moitos era o regreso a un colexio que xa coñecen, pero para outros cativos era o seu primeiro contacto coas aulas e houbo algún que outro choro neste inicio de curso. Entre as 9h. e as 9:15h. entraba o alumnado de educación primaria e, a partir das 9:15h., o de educación infantil.

Fotos: O SIL, agás as tres últimas que son cedidas.

 

Cedida.
Back to top button