SanidadeÚltima hora

Bico Doce critica a situación da pediatría no centro de saúde de Viana

Esta asociación está a desenvolver unha campaña reivindicativa e de sensibilización para mellorar a atención sanitaria
Logotipo da asociación Bico Doce de Viana do Bolo.
Logotipo da asociación Bico Doce de Viana do Bolo.

A recén creada Bico Doce, Asociación de apoio á lactancia materna e crianza respetuosa de Viana do Bolo, está a desenvolver unha campaña reivindicativa e de sensibilización sobre a situación do servizo de pediatría da vila. Califican a atención pediátrica en Viana de “escasa para atender á poboación da comarca, unha mañá á semán, e ausente en período de permisos ou vacacións, como pasa nestes días de verán, onde a poboación infantil queda sen especialista, tendo que acudir á medicina xeral do cupo da familia ou “emigrando” a outros centros de saúde con mais dispoñibilidade”, din dende a asociación.

Tamén indican dende Bico Doce que o cupo de pediatría para este centro de saúde é duns 300 nenas/os, aproximadamente. “Non podemos olvidar que, ademáis, Viana do Bolo vén de sufrir un boom de natalidade con 40 nacementos nos últimos tres anos e que chegou a ter máis de 30 mulleres embarazadas á vez a principios deste ano, e non conta tampouco con servicio de matrona, tendo que desprazarse a poboacións distantes na provincia, como O Barco de Valdeorras, Verín, o cal tamén é unha demanda reiterada das mulleres vianesas”.

A asociación recolleu estas demandas e levounas ao pleno do Concello, celebrado na tarde do 15 de setembro, “contando coa unanimidade dos presentes, visibilizando unha campaña de denuncia ante o Sergas, con fomento de queixas a nivel individual no rexistro do centro”. Asemade Bico Doce pide o apoio da veciñanza e asegura que dende o centro de saúde “nos comunican a paralización de denuncias feitas polas familias da vila pola situación do servizo de pediatría”.

Artigos relacionados

Back to top button