
Axentes de Policía Nacional detiñan o 16 de setembro a un individuo acusado de dous roubos con forza. A Brigada de Policía Científica, tras un minucioso estudo das evidencias recollidas durante a inspección ocular, acreditou a autoría dos feitos ocorridos durante os meses de agosto e setembro nun local da cidade situado na Avenida de Marín.
“Os pasados días 31 de agosto e 2 de setembro prodúcense no local dunha coñecida asociación de Ourense, dous roubos con forza. O local atópase nun recinto pechado, rodeado por un muro de tres metros de altura. Ao parecer o individuo que accedeu ao interior usou o escalo para saltar este muro. Unha vez no interior do recinto, e tras a rotura dunha xanela latera, introduciuse nunha estancia de onde subtraeu un televisor, diversos obxectos e unha cantidade de diñeiro en efectivo”, tal e como informa a Policía Nacional.
A Comisaría Provincial de Ourense ten establecidos de forma habitual diversos dispositivos de actuación contra os roubos con forza en establecementos da cidade nos que se inclúen medidas de prevención que contan coa participación de diversas unidades policiais. A actividade dos devanditos dispositivos intensifícase para dar resposta a períodos de incremento da actividade delituosa.
Froito das investigacións levadas a cabo por parte da Brigada de Policía Científica da Comisaría Provincial de Ourense, identifícase ao sospeitoso do feito delituoso sendo os Axentes da Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV), quen, tras realizar diversas pescudas, levaban a cabo a detención desa persoa por dous delitos de roubo con forza nas cousas.
Unha vez finalizadas as dilixencias policiais necesarias para o total esclarecemento dos feitos, o detido foi posto ao dispor xudicial.