
Ourense volve a ser o centro do cinema en Galicia do 27 de setembro ao 6 de outubro. O equipo do Ourense Film Festival, OUFF, presentou esta mañá a programación para a súa 29º edición. Unha programación diversa en olladas, estilos e con proxectos de profesionais consagrados e novos talentos do cinema. O festival transformará un ano máis a vida cultural e social da ciudade, achegando á ciudadanía e visitantes unha programación de calidade, coa consagrada Sección Oficial Internacional e o mellor do cinema galego a actual na Sección Oficial Panorama Galicia. Ademáis, o evento ofrece outras actividades para toda a familia e impulsa o talento mozo cos certames de Fas Curtas e Fas Muvis.
O equipo do OUFF, xunto con institucións e patrocinadores anunciaron esta mañá algúns dos últimos detalles da programación. Un acto para agradecer a implicación institucional e a colaboración de grandes e pequenas empresas da cidade e da provincia para levantar esta 29ª edición cun conxunto de programación exemplo de excelencia. Miguel Anxo Fernández, director do OUFF, destacou a diversidade e calidade da programación, sinalando que chegaron ata 350 filmes de 54 países para participar nas Seccións Oficiais: “A programación desta edición reafirma ao OUFF como o festival de cine de Galicia, desde Ourense para o mundo”.
Luis Menor, presidente da Deputación de Ourense, definiu ao evento como “a semana máis importante da cultura en Ourense” e a traxectoria de case 30 anos do certame apostando polo cine e a cultura. “O primeiro festival da súa natureza na nosa comunidade. Non é fácil nunha provincia como Ourense chegar a esta distinción, mantela e intentar superala”, declarou Menor e lembrou o “retorno económico” do investimento en cultura para os territorios.
De feito, no que atinxe á importancia deste evento cultural, plenamente consolidado e un dos de maior relevancia no sector, e fronte a “quenes non creen na Cultura porque a consideran cara”, Luis Menor recalcou que “paga a pena apostar por un evento que sempre ten retorno, e no caso da provincia, diversos estudios falan de 13 euros por cada euro investido”. Neste sento, fixo referencia ao retorno económico pero tamén ao turístico, un eixo estratéxico de desenvolvemento para a provincia. De feito, analizou a importancia da marca do OUFF, pola súa trascendencia alén das fronteiras, xa que chegaron ata 350 filmes de 54 países para participar nas Seccións Oficiais.
Ademais de dar as grazas aos patrocinadores privados polo seu apoio ao OUFF29, dicía que “estamos ante un proxecto gañador rodeado de persoas e empresas que se comprometen”, Menor tamén tivo palabras de agradecemento para o equipo do festival, “polo seu intenso traballo ben feito, dinámico e que aposta por Ourense sen mirarse o embigo, buscando sempre superarse edición tras edición”.
Jacobo Sutil, director da Axencia Galega das Industrias Culturais sinalou a “fortaleza e bo momento do sector do cine en Galicia, para o que os festivais como o OUFF son imprescindibles”. Ademáis, Sutil destacou o apoio da Xunta de Galicia ao evento, tanto desde o ámbito da cultura como desde o turismo e a programación do festival destinada para a formación de novas xeracións de cineastas. Carmen Leyte, presidenta da Fundación Carlos Velo, organizadora do festival, agradeceu o apoio das institucións públicas e privadas tanto para a traxectoria do OUFF como para a propia Fundación, a única en Galicia dedicada a un cineasta. Dende o ámbito privado o evento conta co apoio da Corporación Hijos de Rivera; GADISA, representada na presentación por Jose Luis Fernández director de comunicación, quen sinalou o OUFF como un evento que “fomenta a cultura e o desenvolvemento social e económico da comunidade”; Laura González, directora da Zona Centro de Abanca, e dende o ámbito da comunicación, Xosé Pastoriza, director de La Región.
Nesta edición o OUFF continúa a aposta polo cinema galego que comenzou o ano pasado coa creación da Sección Oficial Panorama Galicia, que igualaba ao mesmo nivel ás propostas de cinema galego coas internacionais, sendo ambas Sección Oficial. O documental é o formato predominante nesta selección de filmes, de 10 proxectos participantes, 7 son documentais. Ademáis, dentro de Panorama Galicia atópanse estreas a nivel mundial como a do documental Adolfo Domínguez: El eco de otras voces, sobre o deseñador galego, dirixido pola súa filla Adriana Domínguez.
A estrea será o próximo venres 27 na gala de inauguración do OUFF. Sobre o pintor catalá Fidel Roig Maróns trata Paisaje Épico; en Salvaxe, Salvaxe, de Emilio Fonseca, a cámara adentrase nos bosques galego-portugueses procurando imáxenes e ausencias do lobo ibérico; Con Aurora, de Area Erina, a directora explora a relación de intimidade entre dúas mulleres distantes en experiencias e idades; sobre a Asociación Cultural Abrente, formada en Ribadavia a finais dos anos 60, trata Abrente, do ermo á rebeldía, de Xan Leira; a volta á Galicia dos fillos de inmigrantes en Suíza cóntase en Mes amis espagnols, de Adien Bordone, por último no xénero documental, a obra Buscando a Santa Compaña, de Fernando Cortizo, adéntrase na procura das últimas testemuñas sobre este fenómeno popular.
Completan a Sección Oficial Panorama Galicia o drama Los ojos de Europa, de Juan Pinzás, sobre unha viaxe física e introspectiva durante o Ano Xacobeo dun director de cine; o thriller Hybris, de David Rubira, sobre a investigación dun roubo e a comedia Vestida de branco, de Juan Carlos Blanco, sobre unha moza que soña co seu vestido de noiva coñece a unha deseñadora de moda que da un xiro a súa vida.

En total proxectaranse 60 películas de ficción, documentais en animación repartidas por distintas salas da cidade. A Sección Oficial Internacional proxectará filmes con ata 19 países representados, de directores novos ou de gran traxectoria que firman películas recoñecidas no circuito de grandes festivais. A programación de filmes a concurso complétase con varios ciclos. Por unha banda Ouffemérides, no que este destaca a homenaxe ao director Carlos Velo, estreando unha versión restaurada do filme Raíces (1954) e lembra a rodaxe en Ourense de Monsingnor Quixote, en 1987.
En Ciclo Inédito: Autoras, o público pode achegarse a varios filmes asinados por mulleres que aínda non se proxectaron na cidade: Mamífera, de Liliana Torres; Los pequeños amores, de Celia Rico; Nina de Andrea Jaurrieta; Políticamente Incorrectos de Arantxa Echevarría; Sica de Carla Subirama e Un sol radiant de Monica Cambra e Adriana Fortuny. Por outra banda, o Ciclo Cinema e Auga, explorará historias que teñen a auga como elemento protagonista con La forma del agua, Aguas oscuras e Acción Civil.
Un festival para potenciar o territorio e a industria do cine
O OUFF, por outra banda, segue coa firme intención de mostrar Ourense, a cidade a a provincia, como un escenario de cine, lugar de grandes rodaxes na historia do presente e fogar dunha industria cultural dinamizadora do territorio. Durante o certame a cidade será testigo de encontros entre profesionais, presentación de novos proxectos de cinestas galegos en OUFF Lab -unha nova iniciativa da edición-, roteiros de cinema pola provincia para coñecer lugares onde se rodaron coñecidos filmes e outras actividades como os Encontros Literarios ou o concerto da Xove Orquestra Ourensanía, que interpretará temas da banda sonora de Star Wars. Con exposicións fotográficas como “Habitar o baleiro” de Brais Lorenzo ou “O anxo que nunca fun” de Manuel Outumuro o OUFF acolle como parte da programación a outros eidos da arte e da imaxe que colindan e xogan co cinema. Unha programación, en definitiva, que procura implicar a toda á cidadanía, destacando o propio patrimonio cinematográfico da provincia como elemento cultural e motor económico.

Premios e recoñecedementos da 29º edición
Nesta 29º edició o OUFF recoñece a traxectoria de profesionais de longas carreiras no cine en diversos ámbitos como o guionista e productor Alejandro Hernández, Calpurnia de Honra Internacional; o director Rodrigo Cortés, Calpurnia de Honra; a deseñadora de vestiario e directora Clara Bilbao, Premio Especial OUFF; a productora Andrea Vázquez, Premio Chano Piñeiro ou o guionista Carlos Montero, Premio Especial Ourense. Dende AISGE destacarán a traxectoria da actriz galega Aurora Maestre co Premio Fundación AISGE.
Videoxogos, formación e novos talentos
Para potenciar e consolidar os novos talentos do cinema, nesta edición o OUFF presenta dúas iniciativas. Por unha banda a clásica Fas Muvis, un concurso no que os participantes realizan unha curta durante o propio festival, de temática relacionada coa cidade de Ourense e Fas Curtas, o certame de curtametraxes que este ano esta dirixido a profesionais novos. Ademáis, con OUFF Game Awards o festival de cine explora a relación entre a creación de videoxogos e o eido audiovisual con un certame para proxectos galegos.
O OUFF está organizado pola Fundación Carlos Velo co patrocinio principal da Deputación de Ourense e o apoio da Xunta de Galicia.