
Arredor das 11:10 horas deste 5 de outubro o 112 Galicia recibía o aviso dun particular de que un camión atropelara un ciclista no quilómetro 3 da OU-531, á altura da parroquia de Couso de Limia, en Sandiás. De acordo coas apreciacións do alertador, o ferido precisaba asistencia sanitaria con urxencia.
De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, EIS Ourense e patrulla de motoristas do destacamento de Verín, dos membros da Agrupación de Protección Civil de Sandiás e dos servizos de mantemento da estrada.
Tamén se informou aos Bombeiros de Xinzo, segundo a información do 112 Galicia, que engade que “os profesionais sanitarios confirmaron que estaban a mobilizar o seu helicóptero medicalizado con base en Ourense, no que finalmente se evacuou ao ferido”.