DeportesÚltima hora

Destacados resultados valdeorreses no Campionato de España de seleccións Sub16

Nesta cita subíanse ao podio Aaron Pérez e Javid Cid, no 4X100 e no martelo, respectivamente

 

“Bo papel” da selección Galega Sub16 de atletismo, que na pasada fin de semana participaba no Campionato de España de selecccións Sub16 desenvolto en Tudela, onde se clasificaba coa quinta posición na categoría masculina e coa sexta na categoría feminina. A nivel individual sumábanse un total de nove postos de podio e dazasete de finalistas.

“Durante tres xornadas, as pistas da Comunidade Foral presenciaron un excelente campionato protagonizado polas que están chamadas e chamados a ser o día de mañán, os grandes referentes do atletismo a nivel estatal”, sinalan dende a federación.

Da selección galega formaban parte varios atletas valdeorreses. Entre eles estaban Aaron Pérez e Mateo Valcarce do Club Adas Cupa do Barco, que resultaban finalistas. Así Aarón Pérez quedaba cuarto no salto de lonxitude, rozando o podio, cunha marca de 6,20, fronte ao salto de 6,21 do terceiro clasificado. Pola súa banda, Mateo Valcarce lograba unha sexta posición nos 3.000 m marcha cun rexistro de 13:47.82.

Destacado resultaba ademais o terceiro posto do valdeorrés  Javier Cid (Ourense Atletismo) en martelo, logo de lanzar ata os 54.95 m. Ademais, no relevo dos 4×100 masculino composto por Pablo Ruíz, Lois García, Mateo refojo e Aaron Pérez tan só cedía ante a selección de andaluza e remataba segundo con 44:00.

Así mesmo, a atleta Xiana Pungín competía nos 100 m adaptados, sendo quinta da súa serie.

Back to top button